top of page
Mar rosa

 

Con motivo do lema do noso centro, o IES Eusebio da Guarda, que este ano se enfoca cara a concienciación e o coidado da nosa contorna - titulado precisamente Coidamos o noso medio -, presentamos o proxecto titulado: "A nosa contorna somos Nós!" que se encadraría dentro do programa Paisaxe e Sustentabilidade do Plan Proxecta 2018-19.

Con este traballo imos tratar de mentalizar o noso alumnado sobre a importancia de manter unha contorna saudable e coidada como base para un vida sa, de tal maneira que creemos consciencia na importancia de coidar o mundo que nos rodea a nivel natural e social, tanto no momento actual como para xeracións vindeiras.

Traballamos co alumnado de 2º da ESO que se atopa nunhas condicións óptimas para a recepción desta aprendizaxe por varios motivos. En primeiro lugar, trátase dun grupo de estudantes que xa están familiarizados co centro e coñecen a súa contorna máis inmediata, así como o funcionamento do mesmo. Asemade, ao estar xa adaptados á nova etapa educativa, a Secundaria, tras levar un ano de adaptación tras a finalización da educación Primaria, pensamos que esta aprendizaxe das diferentes materias unidas por un nexo común, facilitaralles ver a interdisciplinaridade do proceso de ensinanza-aprendizaxe e a conexión das distintas especialidades que están a estudar entre si; sen importar se son da rama científica, lingüística ou social. Máis ben, terán a oportunidade de observar que todo está conectado e pode ser facilmente relacionable e aproveitable.

bottom of page