top of page
  • Writer's pictureProxecta Eusebio

Cartaces sustentables.

Co gallo de mellorar a nosa actitude con respecto ao coidado do noso centro, xa que é o noso lugar de traballo e convivencia, decidimos crear uns cartaces para concienciar sobre hábitos máis axeitados e sustentables que melloren o noso día a día.


Tras a realización dunha chuvia de ideas na aula para reflexionar sobre os malos hábitos no coidado da contorna por parte dos membros da comunidade educativa. Unha vez determinados os ámbitos en que non hai unha actitude responsable cara ao coidado do centro e dos seus recursos, a aula organízase en 9 tríos e 2 parellas para elaborar carteis que chamen a atención sobre as condutas máis adecuadas para podermos convivir nun instituto limpo e sustentable.


Aquí tedes unha escolma dos carteis:





5 views0 comments
bottom of page