top of page
  • Writer's pictureProxecta Eusebio

O TEOREMA DE TALES DE MILETO LEVADO Á RÚA

Updated: Jun 13, 2019

Co motivo de facer máis próxima e pragmática o estudo das matemáticas para o noso alumnado, decidimos facer unha actividade na que puideran validar algúns dos conceptos aprendidos durante o desenrolo do curso e que resultara ademais amena e instrutiva. A actividade elixida foi a aplicación do teorema de Tales de Mileto para calcular a altura dalgúns dos elementos urbanos próximos ao noso instituto.


Dividimos o traballo en dúas vertentes cada unha delas participada por un grupo de alumnos:

1. Un dos grupos investigou aspectos biográficos de Tales o que supuxo ampliar a procura ao estudo da xeografía da época aproveitando datos como o seu lugar de nacemento e o itinerario dalgunha das súas viaxes. Sorprendeulles coñecer que non solo foi un bo matemático e filósofo, tamén un espelido home de negocios.


2. O outro grupo investigou sobre outros achados feitos por Tales no ámbito das Matemáticas; entre outros: que os ángulos da base dun triángulo isósceles son iguais, que todo ángulo inscrito nunha semicircunferencia ten un ángulo recto, ou que todo círculo queda divido en dúas partes iguais polo seu diámetro, entre outros.


O traballo para desenvolver esta actividade fómolo facendo collendo horas soltas durante varias semanas, sen que supuxera unha interrupción nin brusca nin longa coa dinámica do curso.


Concluída esta parte da actividade procedemos a facer a saída pola contorna para facer as medicións das lonxitudes das sombras, utilizamos como patrón unha regra de madeira de lonxitude coñecida, un metro metálico extensible e xiz de cores para facer as marcas no chan para delimitar os tramos a medir.


Por último fixemos uso dos datos recollidos para calcular a altura dos distintos elementos que foron obxecto do noso interese.


Aquí tedes unha escolma de imaxes que ilustran o noso traballo:




7 views0 comments
bottom of page