top of page
  • Writer's pictureProxecta Eusebio

CARNIVAL ACROSTIC

Nesta actividade preparamos un mural, aproveitando que todo o centro segue o lema este curso escolar de Coidamos o noso medio, para realizar un acróstico coa palabra CARNIVAL e palabras relacionadas coa temática do entroido. O mural está composto íntegramente de materiais reciclados e de refugallo como pode observarse no vídeo de making-of publicado na web do noso Proxecta: a base é unha caixa de cartón e o resto de materiais cos que se formaron as palabras correspondentes van desde tapóns, retais, papeis de burbullas, papeis reciclados, pinzas da roupa, cortizas de botellas, etc...


Os 20 alumnos de 2º ESO - A, organizáronse en 4 grupos de cinco estudantes que traballaron dúas letras por grupo. Primeiramente fixemos na aula un pequeno recuncho con caixas para recolleitar os materiais necesarios para o noso mural: tapóns, follas secas para facer confeti, cortizas, etc…. e pedindo a colaboración necesaria ao resto da comunidade educativa que quixese aportar algo nesta labor.

As palabras escollidas para facer o acróstico foron as que podedes ver a continuación ao igual que os membros que compoñen cada grupo:



O resto das sesións foron adicadas á confección do mural: desde a montaxe da base forrándoa cun papel amarelo, para logo debuxar un molde das palabras e encher cos materiais reciclables o noso cartel de entroido para a defensa dos dereitos dos animais durante a celebración de festas tradicionais.

Finalmente, colocamos cunhas pinzas vellas a modo de patas unha recreación dos animais que se ven perxudicados polos festexos de entroido (formigas en Laza, o raposo en Ituren e Zubieta, ou o burro de Villanueva de la Vera en Cáceres) ao carón dun código QR que leva a todo aquel que dispoña dun lector nun dispositivo móbil a unha noticia explicativa da cruenta tradición á que se refiren as nosas reivindicacións. A finalidade última é facer conciencia de que as festas poden ser divertidas sen maltratar nin abusar doutros seres vivos.


Na nosa canle de Youtube, subimos un vídeo do making-of da nosa elaboración que tamén vos deixamos a continuación:




Desexamos que vos guste moito.

21 views0 comments

Recent Posts

See All

SPREAD THE WORD (II): ECO-FRIENDLY VIDEOS.

Unha vez rematados os cartaces, e vendo o ben que nos quedaran, pensamos: e por que non imos facer chegar a nosa mensaxe máis aló do noso centro. Por este motivo, e aproveitando que temos unha canle p

bottom of page