top of page
  • Writer's pictureProxecta Eusebio

Os primeiro pasos na aula de inglés

Updated: Jun 13, 2019

Para o deseño das nosas actividades e do enfoque que temos pensado dar ao noso proxecto na aula de inglés, intentaremos centrarnos basicamente en dous aspectos primordiais que son precisamente o leitmotiv do plan no que se encadra o noso Proxecta: a paisaxe e a sustentabilidade.


Por unha banda, e en relación con todo aquelo que forma a nosa paisaxe ou contorna, escollemos tratar a temática do respecto á nosa fauna enfocándoa especialmente cara o espiñoso tema do maltrato animal. Escolleranse moi ben os enfoques para non danar as sensibilidades do noso alumnado. Así e todo, consideramos necesario crear consciencia do que sofren os animais cando son "utilizados" como se se tratasen de obxectos para o noso divertimento; sendo estas prácticas totalmente innecesarias e crueis.


Por outra banda, centraremos o noso traballo moito máis cara a sustentabilidade. Neste caso, abordaremos todas esas medidas ao alcance das nosas mans e que todos podemos facer para mellorar as boas prácticas para aforrar enerxía, reducir a cantidade de refugallo, aumentar e mellorar os hábitos de reciclaxe, etc..


E por suposto todo isto aprendendo inglés!!



7 views0 comments

Recent Posts

See All

SPREAD THE WORD (II): ECO-FRIENDLY VIDEOS.

Unha vez rematados os cartaces, e vendo o ben que nos quedaran, pensamos: e por que non imos facer chegar a nosa mensaxe máis aló do noso centro. Por este motivo, e aproveitando que temos unha canle p

bottom of page