top of page
  • Writer's pictureProxecta Eusebio

SPREAD THE WORD (I): ECO-FRIENDLY POSTERS.

Updated: Jun 13, 2019

A última semana de marzo, comezamos a deseñar a nosa nova actividade para o noso proxecto "A nosa contorna somos NÓS".


Viñamos de facer actividades relacionadas coa paisaxe, dirixidas tanto cara o respecto da nosa fauna como da nosa contorna reutilizando materiais moi daniños para o noso medio ambiente como son os plásticos, os tecidos que non teñen posibilidade de ser reutilizados, os tapóns, os microplásticos (contas), etc...


Desta volta, ímonos enfocar cara a segunda parte do plan no que se encadra o noso proxecto: a sustentabilidade. Para isto, pensamos en que podíamos facer para mentalizarnos a nós mesmos e tamén aos nosos compañeiros de centro e á comunidade educativa en xeral.


Con esta idea en mente, o alumnado de 2ºESO - A, pensou nas accións que máis facilmente podemos realizar na nosa vida cotiá para botarlle unha man á nosa contorna. Con iso saíron dez slogans que pensamos en converter en cartaz para colgar no centro e son os seguintes:

1. Use as much natural light as possible before switching on your light bulbs. (Ana de Dios & Carla Dopazo )

2. Put on an extra layer of clothing instead of turning on the heating. (Yago Freire & Jaime Herrero)

3. Don’t use plastic bags for break lunches, take your own cloth bags instead. (Marta Jorge & Rosalía Martínez-Risco)

4. Donate your old devices to schools or institutions where they can have a second life. (Pedro Barros & Celia Blanco)

5. Turn off lights and shut down computers at the end of the day. (Pablo Sedofeito & Marcos Viader)

6. Use rechargeable batteries whenever possible. (Marta Jorge & Antón Jopia)

7. Change plastic bottles for a refillable bottle to take water with you. (Bruno Bolaño & Julia Caamaño)

8. Use public transport or walk to school. (Ana Pérez & Elisa Rodríguez)

9. Use both sides of a sheet of paper. (Lucía Castro)

10. Sort your rubbish and recycle it in the correct bins. (Lorenzo Sanjuán & Antía Sardiña)

Ademais, esta actividade compleméntase coa realizada pola profesora de galego, que con outros dez slogans similares, pretende facer desta actividade un exercicio a prol do plurilingüismo que caracteriza o espírito do noso centro.


A continuación podedes ver aos nosos artistas cos seus cartaces ecolóxicos a prol da sustentabilidade non só no centro senón fóra del. A que esperades para darlle un respiro ao noso planeta? Está nas vosas mans!!:





13 views0 comments

Recent Posts

See All

SPREAD THE WORD (II): ECO-FRIENDLY VIDEOS.

Unha vez rematados os cartaces, e vendo o ben que nos quedaran, pensamos: e por que non imos facer chegar a nosa mensaxe máis aló do noso centro. Por este motivo, e aproveitando que temos unha canle p

bottom of page