top of page

Tilikum, the orca.

  • Writer: Proxecta Eusebio
    Proxecta Eusebio
  • Jan 17, 2019
  • 1 min read

Updated: Jun 11, 2019

Co gallo de comezar a concienciar ao noso alumnado da utilización e a cousificación dos animais para o disfrute dos seres humanos como modo de entretemento, deseñouse unha actividade en colaboración coa auxiliar de conversa Natalie Bess, de orixe norteamericana, sobre a historia particular da orca Tilikum e a súa vida no parque SeaWorld de Orlando nos EE.UU.


Os estudantes realizaron o visionado dun minidocumental en inglés sobre a vida do cetáceo desde a súa captura, os duros entrenamentos e condicións de vida aos que foi sometido, os espazos reducidos nos que foi confinado e o inxusto término da súa vida deixado no esquecemento unha vez que xa non era "productivo" para o espectáculo por ter ademais estado involucrado en accidentes que custaron a vida a dous adestradores.


Este visionado, amais de constituír unha práctica estupenda de practicar a comprensión oral, tamén fomentou a expresión oral xa que deu lugar a debates sobre quen era responsable das mortes dos adestradores: a orca, os propios adestradores, os responsables do parque, os espectadores que pagamos por ver espectáculos que empregan métodos abusivos de adestramento animal, etc....


En resumo, non só se traballou a materia de inglés e as destrezas de listening e speaking senón tamén, como é o propósito deste proxecto, tratamos temas transversais como a ética, o medio natural e a escala de valores.


Podedes desfrutar aqui debaixo dunha pequena escolma de fotografías da sesión:




Tamén podes observar un pequeno extracto do visionado en clase:




Por último, e se che interesa ver o minidocumental completo para practicar o teu inglés e ser consciente da realidade que viven os animais que forman parte dos espectáculos deste tipo, eilo:




Recent Posts

See All

Comments


© 2023 por Secretos de Armario. Creado con Wix.com

bottom of page