top of page
earth-661447_640.png

17/12/2018

Para o deseño das nosas actividades e do enfoque que temos pensado dar ao noso proxecto na aula de inglés, intentaremos centrarnos básicamente en dous aspectos primordiais. Por unha banda, e en relación con todo aquelo que forma a nosa paisaxe ou controna, escollemos tratar a temática do respecto á nosa fauna enfocándoa especialmente cara o espiñoso tema do maltrato animal. Escolleranse moi ben os enfoques para non danar as sensibilidades do noso alumnado. Así e todo, consideramos necesario crear consciencia do que sofren os animais candos son "utilizados" como se se tratasen de obxectos para o noso divertimento; sendo estas prácticas totalmente innecesarias e crueis.

Por outra banda, centraremos o noso traballo moito máis cara a sustentabilidade. Neste caso, abordaremos todas esas medidas ao alcance das nosas mans e que todos podemos facer para mellorar as boas prácticas para aforrar enerxía, reducir a cantidade de refugallo, aumentar e mellorar os hábitos de reciclaxe, etc..

E por suposto todo isto aprendendo inglés!!

Os primeiro pasos na aula de inglés

Collages.jpg

01/19 - 01/23

Creación de murais con mensaxes a favor da sustentabilidade e o coidado da nosa contorna máis inmediata con xestos cotiáns que contribúen a mellorar hábitos e implementar a xestión de recursos.

SPREAD THE WORD (I): ECO-FRIENDLY POSTERS.

free tillikum.jpg

19/01/2019

Visionado dun minidocumental coa presenza e colaboración da nosa auxiliar de conversa, sobre a vida da orca Tilikum e a vida deste animais que foron capturados na natureza para ser empregados en espectáculos para o divertimento dos seres humanos e as súas consecuencias.

TILIKUM, THE ORCA

earth-661447_640.png

01/19 - 01/23

A partir dos murais que se colgaron no centro e co gallo de chegar ao maior número de persoas, o alumnado de 2º ESO-A, realizou pequenas representacións dos seus textos en vídeo para concienciar a través de Youtube e chegar a máis xente.

SPREAD THE WORD (II): ECO-FRIENDLY VIDEOS.

IMG_20190208_130031.jpg

01/14 - 02/22

Creación dun mural coa palabra CARNIVAL a modo de acróstico con materiais reciclables a prol do respecto cara os animais e en contra do seu maltrato nas festas populares de entroido.

CARNIVAL ACROSTIC

bottom of page